30.4.10

Dublín, domingo 28 de marzo


Despois dalgúns despistes por mor do cambio ao horario de verán, saímos para facer a primeira visita do día: Dublinia & The Viking World (www.dublinia.ie). Dublinia é unha exhibición interactiva que fai un percorrido polo Dublín Vikingo e Medieval e que amosa aspectos moi interesates da historia da cidade. Tivemos a oportunidade de visitar o exterior da catedral de Christchurch, adxacente ao museo.

Despois desta visita tocou camiñar para coller o DART (Dublin Area Rapid Transit) ata Malahide para visitar o pobo e o seu castelo (www.malahidecastle.com). Fixemos unha visita semi-guiada polo interior do castelo na que coñecimos algunhas anécdotas da familia que o posuía (a familia Talbot) e tivemos a oportunidade de visitar todas as súas estancias.

Aproveitamos a estancia en Malahide para comer e despois diso, collemos o DART de volta a Dublín. A nosa seguinte visita foi a fábrica de Guinness (www.guinness-storehouse.com) na que aprendimos como se fai a cervexa negra máis famosa do mundo.

Á noite tocaba Irish Dancing no albergue e algúns dos rapac@s se atreveron a tomar clases.

Dublín, sábado 27 de marzo


O sábado, despois de moitas horas de viaxe e de madrugar moito, dimos un paseo polo centro da cidade. Estivemos, principalmente, en O'Connell Street, Grafton Street, Dame Street, Temple Bar e nos arredores de Saint Stephen's Green para botarlle a primeira ollada ao Spire de O'Connell Street e é estatua de Molly Malone.