24.12.13

Felices Festas

FELICES FESTAS!


HAPPY HOLIDAYS!


Hogmanay

Hogmanay é a palabra escocesa para o último día do ano e é sinónimo da celebración do Ano Novo (calendario gregoriano) pero ao modo escocés. É unha festa que dura toda a noite ata a mañá do día de Ano Novo (1 de xaneiro), ou, nalgúns casos, 2 de xaneiro. 
As raíces do Hogmanay datan da celebración do solsticio de inverno entre os nórdicos, así como a incorporación de costumes da celebración gaélica de Samhain. Os Viquingos celebraban Yule, que máis tarde contribiu á celebración dos doce días do Nadal, ou os "Daft Days", como eran chamados ás veces, en Escocia. O festival de inverno pasou á clandestinidade, coa Reforma Protestante os anos seguintes pero re-emerxeu preto do final do século XVII. 
O costume de cantar "Auld Lang Syne" en Hogmanay é agora moi popular en outros países. "Auld Lang Syne" é un poema tradicional reinterpretado por Robert Burns, que máis tarde foi musicado. Agora, é común cantalo formando un círculo cos brazos entrelazados cando o reloxo da as campanadas que indican que é medianoite. 
 Como en gran parte do mundo, as maiores cidades escocesas, Glasgow, Edimburgo e Aberdeen, así como Stirling e Inverness, celebran a entrada do ano novo toda a noite. As celebracións de Hogmanay en Edimburgo están entre as máis grandes do mundo. A celebración en Edimburgo no ano 1996-1997 foi recoñecida polo libro Guinness dos records como a maior festa de Ano Novo do mundo, con aproximadamente catrocentas mil persoas. 
Un exemplo dun costume local en Hogmanay é o fireball swinging de Stonehaven, Aberdeenshire, no nordeste de Escocia. As persoas do pobo fan bolas de fío de galiña cheas de xornais vellos, varas, panos e outros materiais inflamables. Coa chegada do novo ano, faise una procesión na que se balancean as bolas encedidas. Ao final da cerimonia as bolas de lume que aínda están a arder son lanzadas ao porto.