7.12.10

"Le Tour du Monde" - Festival de esculturas de xeo de Bruxas







Cada ano, entre finais de novembro e principios de xaneiro, ten lugar en Bruxas o Festival de Esculturas de Xeo. Este inverno o festival levará a quen o visite a unha viaxe fascinante aos destinos turísticos mais populares e impresionantes do mundo. Grazas ao magnífico traballo de 30 artistas, o visitante poderá viaxar a través de mais 20 países. 

www.icesculpture.be

22.11.10

Amberes

Castelo de Steen
Engadimos Amberes ao noso itinerario deste ano xunto con Bruxelas e Bruxas. Amberes é unha cidade moi rica en historia. Está situada no corazón de Flandes e nela concéntrase o 85% da producción mundial de diamantes. Alí está o Museo do Diamante, a Casa Museo de Rubens (paisano de Amberes), o castelo de Steen (século XIII) e a Catedral de Notre Dame, entre outros monumentos importantes. Unha característica moi importante desta cidade é a presencia dunha grande comunidade xudía. Isto daranos a oportunidade de visitar unha sinagoga.

Catedral de Notre Dame


Deixovos unhas fotos para que lles botedes unha ollada.

Concello de Amberes

24.10.10

26.9.10

Benvidos ao novo curso


Ola a tod@s!! Déixovos unha foto da Grand Place de Bruxelas para ir abrindo boca coa viaxe deste ano.

22.5.10

Próxima viaxe: Bruxelas e Bruxas





A nosa próxima viaxe será a Bruxelas e Bruxas. Animádevos a vir connosco!

Bloomsday


O Bloomsday é un evento anual que se celebra en honor de Leopold Bloom, personaxe principal da novela Ulises de James Joyce. Celébrase todos os anos desde 1954 o 16 de xuño, o día no que transcurre a acción do Ulises. Este día as persoas que o celebran procuran comer, cear e beber o mesmo que os protagonistas da obra. Tamén é típico que se celebren encontros de seguidores da obra en Dublín e que sigan o itinerario que fixo o protagonista no libro.

Podedes atopar máis información sobre esta celebración na páxina do James Joyce Centre (www.jamesjoyce.ie).

Fotos de Dublín


Podedes ver unha galería de imaxes da viaxe a Dublín no seguinte enlace.

Tamén están actualizadas as fotos das viaxes anteriores a París e Londres nos apartados de Fotos de París e Fotos de Londres.

21.5.10

Dublín, mércores 31 de marzo


Ben temprano puxemos rumbo ao areoporto e nos despedimos de Dublín. Pasamos unhas horiñas no aeroporto de Londres (moito shopping e Starbucks coffee) e a media trade collemos o avión que nos levaría ata Oporto.

FIN DA VIAXE. Haberá que agardar un ano para volver a repetir a experiencia. Moitas grazas, rapac@s!!

Luis, Dani e María

Dublín, martes 30 de marzo


A neve chega a Dublín. Toca ir a Enniskerry para visitar Powerscourt Estate and Gardens (www.powerscourt.ie). Foi unha mágoa non poder disfrutar máis deste impresionante lugar aos pés das montañas de Wicklow por mor da neve e o frío.

Á volta a Dublín, fixemos unha parada no pobo mariñeiro de Bray para comer e despois proseguimos coa viaxe a Dublín. A tarde deunos para dar un paseo pola cidade e para facer as últimas compras antes do regreso.

Dublín, luns 29 de marzo


Chove en Dublín. Empezamos o día cunha visita á Catedral de Saint Patrick's (www.stpatrickscathedral.ie) e aos seus xardíns cheos de referencias ás grandísimas figuras da literatura irlandesa.

A segunda parada foi na universidade máis famosa de Irlanda, o Trinity College (www.tcd.ie). Alí puidemos ver a exposición do Book of Kells (www.bookofkells.ie) e a Old Library, que contén unha copia de cada un dos libros editados na República de Irlanda e o Reino Unido.

Despois de comer collemos o bus para ir a Croke Park (www.crokepark.ie) e facer un tour polo estadio e visitar o museo de deportes gaélicos. Foi unha visita moi interesante, con práctica de hurling incluida.

30.4.10

Dublín, domingo 28 de marzo


Despois dalgúns despistes por mor do cambio ao horario de verán, saímos para facer a primeira visita do día: Dublinia & The Viking World (www.dublinia.ie). Dublinia é unha exhibición interactiva que fai un percorrido polo Dublín Vikingo e Medieval e que amosa aspectos moi interesates da historia da cidade. Tivemos a oportunidade de visitar o exterior da catedral de Christchurch, adxacente ao museo.

Despois desta visita tocou camiñar para coller o DART (Dublin Area Rapid Transit) ata Malahide para visitar o pobo e o seu castelo (www.malahidecastle.com). Fixemos unha visita semi-guiada polo interior do castelo na que coñecimos algunhas anécdotas da familia que o posuía (a familia Talbot) e tivemos a oportunidade de visitar todas as súas estancias.

Aproveitamos a estancia en Malahide para comer e despois diso, collemos o DART de volta a Dublín. A nosa seguinte visita foi a fábrica de Guinness (www.guinness-storehouse.com) na que aprendimos como se fai a cervexa negra máis famosa do mundo.

Á noite tocaba Irish Dancing no albergue e algúns dos rapac@s se atreveron a tomar clases.

Dublín, sábado 27 de marzo


O sábado, despois de moitas horas de viaxe e de madrugar moito, dimos un paseo polo centro da cidade. Estivemos, principalmente, en O'Connell Street, Grafton Street, Dame Street, Temple Bar e nos arredores de Saint Stephen's Green para botarlle a primeira ollada ao Spire de O'Connell Street e é estatua de Molly Malone.

19.3.10

One City, One Book


One city, One Book é un proxecto deseñado para animar a toda a poboación de Dublín a ler o mesmo libro durante o mes de abril. Esta iniciativa trata de promocionar a lectura nunha cidade que pode presumir dunha grande herencia literaria, na que se inclúen catro Premios Nobel (W.B. Yeats, George Bernard Shaw, Samuel Beckett e Seamus Heany).

Este é o cuarto ano que se celebra e o libro escollido foi The Picture of Dorian Grey (El retrato de Dorian Grey) de Oscar Wilde. As tres edicións anteriores estiveron adicadas ás seguintes obras literarias:

2006: At Swim - Two Birds (En nadar - Dos pájaros) de Flann O'Brien
2007: A Long Long Way (Más y más lejos) de Sebastian Barry
2008: Gulliver's Travels (Los viajes de Gulliver) de Jonathan Swift
2009: Dracula (Drácula) de Bram Stoker

Podedes obter mais información sobre este evento en: www.dublinonecityonebook.ie

17.3.10

Desfile do día de San Patricio

ST. PATRICK'S DAY PARADE

Aquí tedes algunhas fotos do desfile de San Patricio deste ano (fonte: www.visitdublin.com).







16.3.10

Saint Patrick's Day


HAPPY ST. PATRICK'S DAY!!!
Podedes ver o desfile de San Patricio en directo desde as 12 da mañán (hora local) no seguinte enlace http://www.rte.ie/live/

Só quedan nove días para a viaxe!!!!!!!

4.3.10

Saint Patrick's Day


O 17 de marzo celébrase unha gran festa en Irlanda: Saint Patrick's Day (Día de San Patricio).

O Día de San Patricio celébrase a nivel mundial por todos os irlandeses e incluso moitas veces pola xente que non ten ascendencia irlandesa. A xente celebra a festa vestíndose de verde, disfrutando da gastronomía e bebidas irlandesas e asistindo a desfiles. Nalgúns establecementos véndese cervexa tinxida de verde para a ocasión.

O desfile de San Patricio en Dublín forma parte dun festival que dura cinco días e ao que asisten moitas persoas da cidade e de fóra dela. Os desfiles tamén teñen lugar fóra da República de Irlanda coma en Belfast, Manchester, Birmingham, Londres, Glasgow, Vancouver, Montreal, Boston, Nova York, Chicago, Kansas, Savannah, Denver, Toronto... Outros grandes desfiles tamén teñen lugar en outros lugares a través de Europa e América (ademais de Estados Unidos e Canadá), algúns destes países son: Arxentina, Australia, Xapón, Italia, China, Emiratos Árabes Unidos, etc.

Se queredes consultar as actividades deste ano en Dublín, ide ao seguinte enlace: www.stpatricksfestival.ie.

25.2.10

2010 Dublin European Capital of Sport - Dublín, Capital Europea do Deporte 2010


Dublín foi elixida Capital Europea do Deporte 2010 pola célebre Asociación de Capitais Europeas do Deporte (ACES, nas súas siglas en inglés).

A oficiña deTurismo de Dublín invita aos locais e aos visitantes a celebrar este ano con nós. Os eventos e os partidos locais, nacionais e internacionais son parte integral da vida deportiva de Dublín e eventos nacionais de prestixio como o campionato europeo de campo a través, o concurso hípico Failte Ireland, o mini maratón feminino e os partidos da Gaelic Athletics Association (GAA) son só un exemplo do que poden agardar os entusiastas do deporte este ano en Dublín. Disfruta da emoción que che ofrece a nosa capital en 2010!

Para máis información visita a páxina oficial: www.dublinsport.ie


Dublin has been chosen as the European Capital of Sport 2010 by the internationally renowned European Capitals of Sport Association (ACES).
Dublin Tourism invites locals and visitors alike to celebrate the year with us. Local, national and international events and games are integral to Dublin sporting life and prestigious annual events such as the European Cross Country Championships, Failte Ireland Horse Show, the Women’s Mini Marathon and GAA games are just a sample of what lies ahead for the sporting enthusiasts this year in Dublin. Enjoy the thrill and excitement our sporting capital offers for all during 2010!

Reunión

O vindeiro mércores 3 de marzo, ás 19,30 h. na aula de 2º ESO, teremos unha reunión para resolver as últimas dúbidas antes da viaxe. Agardamos a vosa asistencia. Grazas!

22.2.10

Quen vai á viaxe este ano?

1º ESO: Cova, Laura, Sergio e José Manuel
2º ESO: Indra, Pablo Gil, Lucía Gil, Samuel, Claudia e Lucía González
3º ESO: Paula G., Sara G., Ana, Cata, Alba, Gala, Diego e Óscar
4º ESO: Adrián D., Marcos, Jesús, María, Marta, Sofía e Sergio L.

Os profes: Dani, Luis e María G.

XA QUEDA POUCO.....!!!!!!!

8.2.10

ITINERARIO DUBLíN 2010

SÁBADO 27 MARZO


Á chegada a Dublín (13,30 h. aprox.) iremos comer e, despois, daremos unha volta polo centro da cidade.

DOMINGO 28 MARZO


Visitas a Dublinia & The Viking World, Malahide Castle e Guinness Storehouse. Pola noite haberá clase de Irish dancing na residencia.

LUNS 29 MARZO


Visitas á Catedral de Saint Patrick e aos seus xardíns, Trinity College (campus, Old Library e Book of Kells) e Croke Park (tour e museo).

MARTES 30 MARZO


Visitas a Powerscourt State & Gardens e a Bray. Pola tarde, paseo polo centro da cidade.

MÉRCORES 3 MARZO


Volta a casa.

WEBCAM DE DUBLÍN

Déixovos un enlace á webcam de Dublín.

http://www.visitdublin.com/Multimedia/DublinWebcam/dublin.aspx

27.1.10

23.1.10

PELÍCULAS AMBIENTADAS EN IRLANDA

Deixovos algunhas das moitísimas películas ambientadas en Irlanda:

De profesión solteros - The closer you get
Las cenizas de Ángela - Angela's ashes
Barry Lyndon
Círculo de amigos - Circle of friends
The Commitments
Juego de lágrimas - The crying game
Te odio, mi amor - The matchmaker
Michael Collins
Mi pie izquierdo - My left foot
El hombre tranquilo - The quiet man
La hija de Ryan - Ryan's daughter
La furgoneta - The van
El viento que agita la cebada - The wind that shakes the barley
Café irlandés - The snapper
Domingo sangriento - Bloody Sunday
The boxer
En el nombre del padre - In the name of the father
Contracorriente - The butcher boy
The dead - Los muertos

IRISH NOBEL PRIZE WINNERS - PREMIOS NOBEL IRLANDESES

WILLIAM BUTLER YEATS, Literature, 1923 - "for his always inspired poetry, which in a highly artistic form gives expression to the spirit of a whole nation".
GEORGE BERNARD SHAW, Literature, 1925 - "for his work, which is marked by both idealism and humanity, its stimulating satire often being infused with a singular poetic beauty".
ERNEST WALTON, Physics, 1951 - "for his work on the transmutation of the atomic nuclei by artificially accelerated atomic particles".
SAMUEL BECKETT, Literature, 1969 - "for his writing, which - in new forms for the novel and drama - in the destitution of modern man acquires its elevation".
SEÁN McBRIDE, Peace, 1974 - "a man who mobilised the conscience of the world in the fight against injustice".
SEAMUS HEANEY, Literature, 1995 - "for works of lyrical beauty and ethical depth, which exalt everyday miracles and the living past".

IRISH NEWSPAPERS - PERIÓDICOS IRLANDESES

The Irish Times (Dublín): www.irishtimes.com
The Irish Independent (Dublín): www.independent.ie
Sunday Tribune (Dublín): www.tribune.ie
Cork Independent (Cork): www.corkindependent.com
The Examiner (Cork): www.examiner.ie
Connaught Tribune (Galway): www.galwaynews.ie
The Galway Independent (Galway): www.galwayindependent.ie