19.3.10
One City, One Book
One city, One Book é un proxecto deseñado para animar a toda a poboación de Dublín a ler o mesmo libro durante o mes de abril. Esta iniciativa trata de promocionar a lectura nunha cidade que pode presumir dunha grande herencia literaria, na que se inclúen catro Premios Nobel (W.B. Yeats, George Bernard Shaw, Samuel Beckett e Seamus Heany).
Este é o cuarto ano que se celebra e o libro escollido foi The Picture of Dorian Grey (El retrato de Dorian Grey) de Oscar Wilde. As tres edicións anteriores estiveron adicadas ás seguintes obras literarias:
2006: At Swim - Two Birds (En nadar - Dos pájaros) de Flann O'Brien
2007: A Long Long Way (Más y más lejos) de Sebastian Barry
2008: Gulliver's Travels (Los viajes de Gulliver) de Jonathan Swift
2009: Dracula (Drácula) de Bram Stoker
Podedes obter mais información sobre este evento en: www.dublinonecityonebook.ie
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario