4.3.10

Saint Patrick's Day


O 17 de marzo celébrase unha gran festa en Irlanda: Saint Patrick's Day (Día de San Patricio).

O Día de San Patricio celébrase a nivel mundial por todos os irlandeses e incluso moitas veces pola xente que non ten ascendencia irlandesa. A xente celebra a festa vestíndose de verde, disfrutando da gastronomía e bebidas irlandesas e asistindo a desfiles. Nalgúns establecementos véndese cervexa tinxida de verde para a ocasión.

O desfile de San Patricio en Dublín forma parte dun festival que dura cinco días e ao que asisten moitas persoas da cidade e de fóra dela. Os desfiles tamén teñen lugar fóra da República de Irlanda coma en Belfast, Manchester, Birmingham, Londres, Glasgow, Vancouver, Montreal, Boston, Nova York, Chicago, Kansas, Savannah, Denver, Toronto... Outros grandes desfiles tamén teñen lugar en outros lugares a través de Europa e América (ademais de Estados Unidos e Canadá), algúns destes países son: Arxentina, Australia, Xapón, Italia, China, Emiratos Árabes Unidos, etc.

Se queredes consultar as actividades deste ano en Dublín, ide ao seguinte enlace: www.stpatricksfestival.ie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario