19.3.10

One City, One Book


One city, One Book é un proxecto deseñado para animar a toda a poboación de Dublín a ler o mesmo libro durante o mes de abril. Esta iniciativa trata de promocionar a lectura nunha cidade que pode presumir dunha grande herencia literaria, na que se inclúen catro Premios Nobel (W.B. Yeats, George Bernard Shaw, Samuel Beckett e Seamus Heany).

Este é o cuarto ano que se celebra e o libro escollido foi The Picture of Dorian Grey (El retrato de Dorian Grey) de Oscar Wilde. As tres edicións anteriores estiveron adicadas ás seguintes obras literarias:

2006: At Swim - Two Birds (En nadar - Dos pájaros) de Flann O'Brien
2007: A Long Long Way (Más y más lejos) de Sebastian Barry
2008: Gulliver's Travels (Los viajes de Gulliver) de Jonathan Swift
2009: Dracula (Drácula) de Bram Stoker

Podedes obter mais información sobre este evento en: www.dublinonecityonebook.ie

17.3.10

Desfile do día de San Patricio

ST. PATRICK'S DAY PARADE

Aquí tedes algunhas fotos do desfile de San Patricio deste ano (fonte: www.visitdublin.com).







16.3.10

Saint Patrick's Day


HAPPY ST. PATRICK'S DAY!!!
Podedes ver o desfile de San Patricio en directo desde as 12 da mañán (hora local) no seguinte enlace http://www.rte.ie/live/

Só quedan nove días para a viaxe!!!!!!!

4.3.10

Saint Patrick's Day


O 17 de marzo celébrase unha gran festa en Irlanda: Saint Patrick's Day (Día de San Patricio).

O Día de San Patricio celébrase a nivel mundial por todos os irlandeses e incluso moitas veces pola xente que non ten ascendencia irlandesa. A xente celebra a festa vestíndose de verde, disfrutando da gastronomía e bebidas irlandesas e asistindo a desfiles. Nalgúns establecementos véndese cervexa tinxida de verde para a ocasión.

O desfile de San Patricio en Dublín forma parte dun festival que dura cinco días e ao que asisten moitas persoas da cidade e de fóra dela. Os desfiles tamén teñen lugar fóra da República de Irlanda coma en Belfast, Manchester, Birmingham, Londres, Glasgow, Vancouver, Montreal, Boston, Nova York, Chicago, Kansas, Savannah, Denver, Toronto... Outros grandes desfiles tamén teñen lugar en outros lugares a través de Europa e América (ademais de Estados Unidos e Canadá), algúns destes países son: Arxentina, Australia, Xapón, Italia, China, Emiratos Árabes Unidos, etc.

Se queredes consultar as actividades deste ano en Dublín, ide ao seguinte enlace: www.stpatricksfestival.ie.