24.12.13

Felices Festas

FELICES FESTAS!


HAPPY HOLIDAYS!


Hogmanay

Hogmanay é a palabra escocesa para o último día do ano e é sinónimo da celebración do Ano Novo (calendario gregoriano) pero ao modo escocés. É unha festa que dura toda a noite ata a mañá do día de Ano Novo (1 de xaneiro), ou, nalgúns casos, 2 de xaneiro. 
As raíces do Hogmanay datan da celebración do solsticio de inverno entre os nórdicos, así como a incorporación de costumes da celebración gaélica de Samhain. Os Viquingos celebraban Yule, que máis tarde contribiu á celebración dos doce días do Nadal, ou os "Daft Days", como eran chamados ás veces, en Escocia. O festival de inverno pasou á clandestinidade, coa Reforma Protestante os anos seguintes pero re-emerxeu preto do final do século XVII. 
O costume de cantar "Auld Lang Syne" en Hogmanay é agora moi popular en outros países. "Auld Lang Syne" é un poema tradicional reinterpretado por Robert Burns, que máis tarde foi musicado. Agora, é común cantalo formando un círculo cos brazos entrelazados cando o reloxo da as campanadas que indican que é medianoite. 
 Como en gran parte do mundo, as maiores cidades escocesas, Glasgow, Edimburgo e Aberdeen, así como Stirling e Inverness, celebran a entrada do ano novo toda a noite. As celebracións de Hogmanay en Edimburgo están entre as máis grandes do mundo. A celebración en Edimburgo no ano 1996-1997 foi recoñecida polo libro Guinness dos records como a maior festa de Ano Novo do mundo, con aproximadamente catrocentas mil persoas. 
Un exemplo dun costume local en Hogmanay é o fireball swinging de Stonehaven, Aberdeenshire, no nordeste de Escocia. As persoas do pobo fan bolas de fío de galiña cheas de xornais vellos, varas, panos e outros materiais inflamables. Coa chegada do novo ano, faise una procesión na que se balancean as bolas encedidas. Ao final da cerimonia as bolas de lume que aínda están a arder son lanzadas ao porto.

28.10.13

Mapa de Glasgow

Hoxe deixovos o mapa de Glasgow cos marcadores dos sitios que visitaremos. Para ver o mapa en Google Maps premede AQUÍ.

27.10.13

Mapa de Edimburgo

Aquí tedes un mapa de Edimburgo no que están marcados algúns dos lugares que imos visitar, así como a situación do noso aloxamento. Se o queredes ver a páxina completa en Google Maps, premede AQUÍ.

Aloxamento en Edimburgo

Nesta viaxe aloxarémonos no Smart City Hostels Edinburgh. A súa páxina web é smartcityhostels.com. Deixovos un vídeo e unhas cantas fotos. Espero que vos guste!
Fotos de Smart City Hostels Edinburgh, Edimburgo

Fotos de Smart City Hostels Edinburgh, Edimburgo

Estas fotos de Smart City Hostels Edinburgh son cortesía de TripAdvisor

19.10.13

Edimburgo: Royal Mile

15.10.13

Reunión



O vindeiro martes, 22 de outubro, ás 19,50 h. terá lugar a reunión para a organización da viaxe a Escocia na aula de 3º ESO.
Non faltedes!

31.3.13

Fotos de París





Aquí tedes as fotos da viaxe a París. Espero a vosa contribución pra completar o álbum.

Premede aquí para ver o resto das fotos.

30.3.13

Itinerario de París

VENRES, 22 MARZO
Chegada a París
Primeiro paseo por París
Visita ao Museo do Louvre
Subida á Torre Eiffel

SÁBADO, 23 MARZO
Subida ás Torres de Notre Dame
Visita á exposición da Resistencia francesa durante a Segunda Guerra Mundial
Les Halles e Centre Georges Pompidou
Montmartre
Pigalle

DOMINGO, 24 MARZO
Cité des sciences et de l'industrie: la Geode e submarino
Roland Garros
Campos Elíseos
Barrio Latino

LUNS, 25 MARZO
Paseo en barco polo canal Saint Martin
Paseo polo centro de París

MARTES, 26 MARZO
Visita ao Musée de l'Air et l'Espace
Regreso a Vigo

18.2.13

Webcam

Descubre París visto desde o ceo!
Preme neste enlace para ver a imaxe da webcam actualizada.

17.2.13

Exposición de Dalí en París

Nesta viaxe visitaremos a exposición de Dalí no centro Georges Pompidou. Aquí tedes toda a información:
LUGAR: Centre Georges Pompidou (distrito Marais / Les Halles) 

PÁXINA WEB: www.centrepompidou.fr

DATAS: do 21 novembro de 2012 ao 25 marzo de 2013

DESCRICIÓN:
O outono de 2012 verá florecer unha exposición sobre o gran artista surrealista Salvador Dalí (1904-1989) no Centro Georges Pompidou de París. Esta exposición, adicada ao universo do pintor, escultor e escritor surrealista español, invitalle a descubrir obras de Dalí coñecidas e tamén descoñecidas polo gran público. Unha gran retrospectiva que lle permitirá coñecer a fondo ao inventor dos reloxios blandos.

24.1.13

Reunión da viaxe a París




Hoxe, día 24 de xaneiro, terá lugar a reunión da viaxe a París ás 20,00 h. na aula de 3º ESO.

20.1.13

París baixo a neve

Estes días están a caer nevadas en toda Europa. Mirade o encanto que ten París todo nevado.

















13.1.13

París

Feliz ano novo a tod@s! A viaxe a París xa está cada vez máis cerca. Deixovos unhas cantas cousiñas interesantes (todas elas sacadas de National Geographic Traveler) para que lles botedes unha ollada.

VÍDEO: enlace á páxina de National Geographic. O vídeo está en inglés.

FOTOS




















podedes atopar información práctica (en inglés) sobre Francia premendo aquí.