1.3.15

9.11.14

Reunión







REUNIÓN PARA A VIAXE A BÉLXICA: venres, 14 de novembro ás 17,30 horas na aula de 3º ESO.

24.10.14

Bruxas e Bruxelas

Aquí vos deixamos un vídeo no que se visitan as cidades de Bruxas e Bélxica (en inglés e con subtítulos en inglés).

14.10.14

Presentación de Bruxelas


Bruxelas está a gañar unha reputación como un dos destinos imperdibles de Europa co seu encanto de cidade pequena, bares e restaurantes, comida fabulosa, unha grande vida nocturna, fantásticas tendas, numerosos museos e outras atraccións, incluíndo o moitas e interesantes exposicións e festivais organizados cada ano. As rúas de Bruxelas dispoñen de arte e arquitectura creadas a partir dun punto de vista inequivocamente belga que non pode ser replicado. Esta fermosa cidade é, por tanto, un centro de moda, arte e cultura belgas.

15.9.14

Benvid@s!!

Xa estamos de novo en setembro. Este ano visitaremos Bélxica (Bruxelas, Bruxas e Gante ou Amberes) e Amsterdam. Apetécevos vir connosco?



21.6.14

Próximo destino: Bélxica


O curso que ven viaxaremos a Bélxica para disfrutar de ciudades tan bonitas como Bruxelas, Amberes ou Bruxas.
Anímate a vir con nós!

29.4.14

Viaxe a Escocia

Aquí tedes un par de fotos da nosa viaxe a Escocia.

Edinburgh Castle

Calton Hill, Edinburgh

3.3.14

Reunión

A última reunión para a viaxe a Escocia será o xoves, 6 de marzo ás 19,30 horas na clase de 3º ESO.


24.12.13

Felices Festas

FELICES FESTAS!


HAPPY HOLIDAYS!


Hogmanay

Hogmanay é a palabra escocesa para o último día do ano e é sinónimo da celebración do Ano Novo (calendario gregoriano) pero ao modo escocés. É unha festa que dura toda a noite ata a mañá do día de Ano Novo (1 de xaneiro), ou, nalgúns casos, 2 de xaneiro. 
As raíces do Hogmanay datan da celebración do solsticio de inverno entre os nórdicos, así como a incorporación de costumes da celebración gaélica de Samhain. Os Viquingos celebraban Yule, que máis tarde contribiu á celebración dos doce días do Nadal, ou os "Daft Days", como eran chamados ás veces, en Escocia. O festival de inverno pasou á clandestinidade, coa Reforma Protestante os anos seguintes pero re-emerxeu preto do final do século XVII. 
O costume de cantar "Auld Lang Syne" en Hogmanay é agora moi popular en outros países. "Auld Lang Syne" é un poema tradicional reinterpretado por Robert Burns, que máis tarde foi musicado. Agora, é común cantalo formando un círculo cos brazos entrelazados cando o reloxo da as campanadas que indican que é medianoite. 
 Como en gran parte do mundo, as maiores cidades escocesas, Glasgow, Edimburgo e Aberdeen, así como Stirling e Inverness, celebran a entrada do ano novo toda a noite. As celebracións de Hogmanay en Edimburgo están entre as máis grandes do mundo. A celebración en Edimburgo no ano 1996-1997 foi recoñecida polo libro Guinness dos records como a maior festa de Ano Novo do mundo, con aproximadamente catrocentas mil persoas. 
Un exemplo dun costume local en Hogmanay é o fireball swinging de Stonehaven, Aberdeenshire, no nordeste de Escocia. As persoas do pobo fan bolas de fío de galiña cheas de xornais vellos, varas, panos e outros materiais inflamables. Coa chegada do novo ano, faise una procesión na que se balancean as bolas encedidas. Ao final da cerimonia as bolas de lume que aínda están a arder son lanzadas ao porto.