Felices Festas a tod@s!
24.12.11
17.11.11
1.11.11
Mapas do centro de Londres
Aquí tedes un par de mapas de Londres:


- no primeiro tedes un mapa de rutas de autobuses no que se poden ver os lugares / monumentos / atraccións máis importantes da cidade.
- o segundo é o mapa da rede de metro para que vexades o grade que é a cidade!!
Buscade nos dous a estación de King's Cross / St. Pancras porque aí é onde está situado o noso albergue. Moi céntrico!
29.10.11
London South Bank
South Bank é un bonito tramo no corazón de Londres que bordea o Támesis desde a ponte de Lambeth ata a de Blackfriars. Ubicado en fronte das Casas do Parlamento e a pouca distancia de Covent Garden, é o destino perfecto para dar un paseo relaxante ou para atoparse algo novo. O programa completo de arte, teatro, exhibicións, música, cine, etc. fai de South Bank un bo lugar para todas as idades.
O único que eu teño que engadir é que é un dos meus sitios favoritos de Londres.
27.10.11
Aloxamento en Londres
Deixovos o enlace da páxina web do albergue ao que iremos en Londres. Chámase Keystone House e está situado en King's Cross, en pleno centro da cidade. Botádelle unha ollada ás fotos e deixade os vosos comentarios.
21.9.11
Viaxe a Londres
15.4.11
8.3.11
Viaxe a Bélxica
Despois de disfrutar durante tres anos desta experiencia tan marabillosa, este ano nos vemos forzados a suspender a viaxe a Bélxica porque non conseguimos o número mínimo de viaxeiros. Iso si, seguimos co mesmo ánimo e o curso que ven teremos preparada outra viaxe para todos os que se queiran apuntar.
Grazas a tod@s os que fixestes posibles as viaxes a Londres, París e Dublín.
30.12.10
7.12.10
"Le Tour du Monde" - Festival de esculturas de xeo de Bruxas
Cada ano, entre finais de novembro e principios de xaneiro, ten lugar en Bruxas o Festival de Esculturas de Xeo. Este inverno o festival levará a quen o visite a unha viaxe fascinante aos destinos turísticos mais populares e impresionantes do mundo. Grazas ao magnífico traballo de 30 artistas, o visitante poderá viaxar a través de mais 20 países.
www.icesculpture.be
22.11.10
Amberes
![]() |
| Castelo de Steen |
Engadimos Amberes ao noso itinerario deste ano xunto con Bruxelas e Bruxas. Amberes é unha cidade moi rica en historia. Está situada no corazón de Flandes e nela concéntrase o 85% da producción mundial de diamantes. Alí está o Museo do Diamante, a Casa Museo de Rubens (paisano de Amberes), o castelo de Steen (século XIII) e a Catedral de Notre Dame, entre outros monumentos importantes. Unha característica moi importante desta cidade é a presencia dunha grande comunidade xudía. Isto daranos a oportunidade de visitar unha sinagoga.
![]() |
| Catedral de Notre Dame |
Deixovos unhas fotos para que lles botedes unha ollada.
![]() |
| Concello de Amberes |
31.10.10
24.10.10
Unha visita de cinco minutos a Bruxelas
Aquí tedes un vídeo de Bruxelas no que nos mostra o máis importante da cidade en cinco minutos.
26.9.10
Benvidos ao novo curso
Ola a tod@s!! Déixovos unha foto da Grand Place de Bruxelas para ir abrindo boca coa viaxe deste ano.
22.5.10
Bloomsday

O Bloomsday é un evento anual que se celebra en honor de Leopold Bloom, personaxe principal da novela Ulises de James Joyce. Celébrase todos os anos desde 1954 o 16 de xuño, o día no que transcurre a acción do Ulises. Este día as persoas que o celebran procuran comer, cear e beber o mesmo que os protagonistas da obra. Tamén é típico que se celebren encontros de seguidores da obra en Dublín e que sigan o itinerario que fixo o protagonista no libro.
Podedes atopar máis información sobre esta celebración na páxina do James Joyce Centre (www.jamesjoyce.ie).
Fotos de Dublín
Podedes ver unha galería de imaxes da viaxe a Dublín no seguinte enlace.
Tamén están actualizadas as fotos das viaxes anteriores a París e Londres nos apartados de Fotos de París e Fotos de Londres.
21.5.10
Dublín, mércores 31 de marzo
Ben temprano puxemos rumbo ao areoporto e nos despedimos de Dublín. Pasamos unhas horiñas no aeroporto de Londres (moito shopping e Starbucks coffee) e a media trade collemos o avión que nos levaría ata Oporto.
FIN DA VIAXE. Haberá que agardar un ano para volver a repetir a experiencia. Moitas grazas, rapac@s!!
Luis, Dani e María
Dublín, martes 30 de marzo
A neve chega a Dublín. Toca ir a Enniskerry para visitar Powerscourt Estate and Gardens (www.powerscourt.ie). Foi unha mágoa non poder disfrutar máis deste impresionante lugar aos pés das montañas de Wicklow por mor da neve e o frío.
Á volta a Dublín, fixemos unha parada no pobo mariñeiro de Bray para comer e despois proseguimos coa viaxe a Dublín. A tarde deunos para dar un paseo pola cidade e para facer as últimas compras antes do regreso.
Dublín, luns 29 de marzo
Chove en Dublín. Empezamos o día cunha visita á Catedral de Saint Patrick's (www.stpatrickscathedral.ie) e aos seus xardíns cheos de referencias ás grandísimas figuras da literatura irlandesa.
A segunda parada foi na universidade máis famosa de Irlanda, o Trinity College (www.tcd.ie). Alí puidemos ver a exposición do Book of Kells (www.bookofkells.ie) e a Old Library, que contén unha copia de cada un dos libros editados na República de Irlanda e o Reino Unido.
Despois de comer collemos o bus para ir a Croke Park (www.crokepark.ie) e facer un tour polo estadio e visitar o museo de deportes gaélicos. Foi unha visita moi interesante, con práctica de hurling incluida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











