8.7.12
14.5.12
Fotos de Londres
Aquí tedes algunhas fotos da viaxe a Londres. Espero ir aumentando a galería coa vosa axuda.
23.4.12
Día do libro
Como hoxe é o Día do libro, non podo deixar de recomendarvos unha magnífica librería especializada en libros de viaxes, antropoloxía e natureza: Altaïr. Para os que non vivimos nin en Madrid nin en Barcelona (que é onde están as librerías), podemos visitar a súa páxina web con infinidad de libros interesantes. Mensualmente tamén publican unha revista de viaxes monográfica adicada a un país, cidade ou rexión. Déixovos a páxina web: www.altair.es
26.3.12
O tempo en Londres
Esta é a predición meteorolóxica para Londres os días que imos estar alí. Acertará? Espero que si porque nos libraríamos da choiva.
18.3.12
11.3.12
You've got to love London
Deixo outro vídeo de Londres para ir facendo boca. Xa queda moi pouquiño!!
2.3.12
1.3.12
20.2.12
23.1.12
Só en Londres
Aquí tedes outro vídeo máis sobre a cidade de Londres. Que cinco cousas destacarías sobre esta cidade......?
3.1.12
24.12.11
17.11.11
1.11.11
Mapas do centro de Londres
Aquí tedes un par de mapas de Londres:


- no primeiro tedes un mapa de rutas de autobuses no que se poden ver os lugares / monumentos / atraccións máis importantes da cidade.
- o segundo é o mapa da rede de metro para que vexades o grade que é a cidade!!
Buscade nos dous a estación de King's Cross / St. Pancras porque aí é onde está situado o noso albergue. Moi céntrico!
29.10.11
London South Bank
South Bank é un bonito tramo no corazón de Londres que bordea o Támesis desde a ponte de Lambeth ata a de Blackfriars. Ubicado en fronte das Casas do Parlamento e a pouca distancia de Covent Garden, é o destino perfecto para dar un paseo relaxante ou para atoparse algo novo. O programa completo de arte, teatro, exhibicións, música, cine, etc. fai de South Bank un bo lugar para todas as idades.
O único que eu teño que engadir é que é un dos meus sitios favoritos de Londres.
27.10.11
Aloxamento en Londres
Deixovos o enlace da páxina web do albergue ao que iremos en Londres. Chámase Keystone House e está situado en King's Cross, en pleno centro da cidade. Botádelle unha ollada ás fotos e deixade os vosos comentarios.
21.9.11
Viaxe a Londres
15.4.11
8.3.11
Viaxe a Bélxica
Despois de disfrutar durante tres anos desta experiencia tan marabillosa, este ano nos vemos forzados a suspender a viaxe a Bélxica porque non conseguimos o número mínimo de viaxeiros. Iso si, seguimos co mesmo ánimo e o curso que ven teremos preparada outra viaxe para todos os que se queiran apuntar.
Grazas a tod@s os que fixestes posibles as viaxes a Londres, París e Dublín.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










