
Despois dalgúns despistes por mor do cambio ao horario de verán, saímos para facer a primeira visita do día
: Dublinia & The Viking World (
www.dublinia.ie).
Dublinia é unha exhibición interactiva que fai un percorrido polo Dublín Vikingo e Medieval e que amosa aspectos moi interesates da historia da cidade. Tivemos a oportunidade de visitar o exterior da catedral de
Christchurch, adxacente ao museo.
Despois desta visita tocou camiñar para coller o DART (
Dublin Area Rapid Transit) ata Malahide para visitar o pobo e o seu castelo (
www.malahidecastle.com). Fixemos unha visita semi-guiada polo interior do castelo na que coñecimos algunhas anécdotas da familia que o posuía (a familia Talbot) e tivemos a oportunidade de visitar todas as súas estancias.
Aproveitamos a estancia en Malahide para comer e despois diso, collemos o DART de volta a Dublín. A nosa seguinte visita foi a fábrica de Guinness (
www.guinness-storehouse.com) na que aprendimos como se fai a cervexa negra máis famosa do mundo.
Á noite tocaba
Irish Dancing no albergue e algúns dos rapac@s se atreveron a tomar clases.